top of page

REGULAMENTO

 II RUTA BTTroita PONTECALDELAS.-

 


1º.- A II Ruta BTTroita PONTECALDELAS é  unha marcha non competitiva que terá a súa saída oficial ás 09:30 horas do domingo día 10 de Maio de 2015 dende a Alameda de PonteCaldelas organizada pola empresa GLOBAL DXT (http://www.globaldxt.com/)  en colaboración co Concello de Pontecaldelas. A organización establece as 15 horas, como hora limite de remate da marcha.

 

  2º.- As inscricions  realizaránse a través da páxina www.globaldxt.com ou a través da páxina www.magmasports.es  no  apartado de inscripcions. A inscripción da dereito á participación, avituallamentos, duchas, lavado de bicis, seguro de responsabilidade civil da marcha e seguro de accidentes. Esta é unha marcha NON FEDERADA.

3º.- A inscripción realizarase dende o día 1 de marzo ata o 3 de maio de 2015.

 

4º A ruta  conta cun avituallamento liquido no km 12 no que se servirá AUGA, un sólido-liquido á metade ( alto de Pe Da Mua) e o finalizar a mesma outro avituallamento sólido líquido.

 

5º Procederase ó finalizar a ruta, á entrega de agasallos para o grupo mais numeroso, o participante mais vello, o participante mais novo e  o participante que ven de mais lonxe. Ademais, sorteraremos algún agasallo cedido polos nosos patrocinadores.

  

6º.- A recollida de dorsais  realizaráse no lugar da saída entre as 8:15 e as 9:15  horas o día 10 de maio de 2015. Informaráse nesta páxina da posibilidade de recollida de dorsais os días próximos á celebración do evento. É obrigatorio levar o dorsal en lugar ben visible o día da ruta así como o uso do CASCO PROTECTOR. NON SE PERMITIRÁ A SAÍDA A NINGÚN PARTICIPANTE SEN CASCO.

 

7º.- A Organización disporá durante o desenrolo da marcha de asistencia da Cruz Vermella(con presencia dun medico e dun DUE), vehículos da organización e persoal de apoio para asegurar o bo funcionamiento da mesma.

 

8º.- Todo participante, deberá ser maior de idade (os participantes con 16 e 17 años poderán participar coa autorización paterna que teráse que entregar asinada e acompañada de fotocopia do DNI do pai, nai ou titor), e deberá ir provisto obrigatoriamente de casco protector, roupa axeitada ás condicions climatolóxicas da proba. Aconsellable o uso de teléfono móbil.

 

9º.- O percorrido da proba descorre casi na súa totalidade por sendeiros, camiños e pistas, pero  non está pechado ao tráfico, polo que os participantes deberán cumprir as leis de seguridade vial e o código de circulación, tendo especialmente coidado no cruce da estrada PO-532. A Organización non se fai responsable das neglixencias dos participantes que non cumpran dita Lei, nin solidaria ni subsidiariamente; así coma dos accidentes provocados polos mesmos. Ademais, as forzas do orden poderan decidir que calquera participante que non cumpra as normas viarias, abandone a proba.

 

10º. Cada participante, se compromete a respectar o código de circulación e o  regulamento da proba. No caso de infracción será o único responsable do accidente, incluso a terceiros.

 

11º. Cada participante, maior de idade (ou o seu titor se é menor de idade), é responsable  da súa propia conducción, asumindo os riscos e situacions, incluso frente a terceiros, que poidan conlevar o feito de participar  nunha proba destas características, tanto a nivel de esforzo físico, psíquico, como caídas u outro tipo de lesions.

 

12º. Os participantes deberán de atender aos consellos  e indicacions da organización e deberán levar o dorsal ben visible na  parte dianteira da bici.

 

13º. Todo participante deberá  respectar o itinerario marcado pola organización. Asemade,  deberá traer as pezas necesarias para resolver unha avaria (cámara, bombin,...)

14º. A organización poderá retirar da marcha a todo participante, que a xuizo dos sanitarios ou xuíces non se atope en condicions físicas de continuar ou non cumpra os horarios previstos pola organización.

 

15º. Todo participante que abandoe a marcha farao baixo a súa propia responsabilidade.

 

16º. A marcha está considerada dun nivel físico medio polo que a organización recomenda a todo participante, un entrenamento específico para a participación nela, así como a realización de controis físicos periódicos.

 

17º. O percorrido desenrolarase por terreos naturais, polo que a organización prega, a todo participante, que para que poidamos seguer desfrutando destos maravillosas paraxes, o deixemos todo ben limpo e non tiremos papeis e lixo ao chan, depositando os nosos desperdicios nos lugares previstos ao efecto. Respectando asi a normativa vixente en canto o uso dos montes.

 

18º. Os primeiros metros incluen un tramo urban,  que será neutralizado; o resto será libre. Non obstante, a organización se reserva o dereito de modificar o percorrido, kilometraxe e a data da proba se fose preciso.

 

19º. Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicions e regulamentacións impostas pola organización, nas que o participante é o único responsabel da súa propia conducción, asumindo os riscos e situacions, incluso frente a terceiros, que poidan conlevar o feito de participar nunha proba destas características, polo que libera expresamente á organización ou a cualquera outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que poidera surxir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado. Todos os participantes inscritos na marcha están amparados por un seguro de responsabilidade civil e asistencia sanitaria, polo que é necesario que no momento da inscrición figure con claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante.

 

20.- Dacordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal,  informamoslle que os datos persoais que nos facilite quedarán incorporados e serán tratados nun ficheiro titularidade da organización coa finalidade de recibir información das actividades. Si o desexa, pode exercitar os séus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, previstos na Lei, dirixindo un correo electrónico a BTTroita@gmail.com.

bottom of page