top of page

REGULAMENTO MINIBTTROITA

 II RUTA BTTroita PONTECALDELAS.-

 


1º.- A II Ruta BTTroita PONTECALDELAS, este ano estará acompañada pola MINIBTTROITA, que celebrarase ó 10 de maio ás 11 horas. O percorrido comezará e finalizará na alameda de Pontecaldelas e está organizada pola empresa GLOBAL DXT (http://www.globaldxt.com/)  en colaboración co Concello de Pontecaldelas.

 

  2º.- As inscricions  realizaránse a través da páxina www.globaldxt.com ou a través da páxina www.magmasports.es  no  apartado de inscripcions. A inscripción da dereito á participación, avituallamento final de ruta, duchas, lavado de bicis, seguro de responsabilidade civil da marcha e seguro de accidentes. Esta é unha marcha NON FEDERADA.

 

3º.- A inscripción realizarase dende o día 1 de marzo ata o 3 de maio de 2015.

 

4º A ruta consiste en realizar un percorrido urban, pola zona do río de Pontecaldelas. A distancia a percorrer non superará en ningún caso ós 5 km. Pretende ser una ruta familiar, polo que poden participar adultos e rapaces/as.

 

5. Os dorsais colleranse ó dia da competición en horario de 10 a 10:45 na Casa da Cultura do Concello de Pontecaldelas

 

6. A ruta estará NEUTRALIZADA  en todo momento, contando cun vehículo de inico e outro de final de ruta. É obrigatorio levar o dorsal en lugar ben visible o día da ruta así como o uso do CASCO PROTECTOR. NON SE PERMITIRÁ A SAÍDA A NINGÚN PARTICIPANTE SEN CASCO.  

 

7º.- A Organización disporá durante o desenrolo da marcha de asistencia da Cruz Vermella(con presencia dun medico e dun DUE), vehículos da organización e persoal de apoio para asegurar o bo funcionamiento da mesma.

 

8º.- Poderán participar nenos e nenas dende os 7 anos de idade. A organización NON SE FARÁ RESPONSABLE dos mesmos durante o percorrido, polo que os participantes deberán ser AUTÓNOMOS no uso da bicicleta. Recoméndase que estean acompañados dun adulto. 

 

9º. Cada participante, se compromete a respectar o código de circulación e o  regulamento da proba. No caso de infracción será o único responsable do accidente, incluso a terceiros.

 

10º. Cada participante, maior de idade (ou o seu titor se é menor de idade), é responsable  da súa propia conducción, asumindo os riscos e situacions, incluso frente a terceiros, que poidan conlevar o feito de participar  nunha proba destas características, tanto a nivel de esforzo físico, psíquico, como caídas u outro tipo de lesions.

 

11º. Os participantes deberán de atender aos consellos  e indicacions da organización e deberán levar o dorsal ben visible na  parte dianteira da bici.

 

12º. Todo participante deberá  respectar o itinerario marcado pola organización.

13º. A organización poderá retirar da marcha a todo participante, que a xuizo dos sanitarios ou xuíces non se atope en condicions físicas de continuar ou non cumpra os horarios previstos pola organización.

 

14º. Todo participante que abandoe a marcha farao baixo a súa propia responsabilidade.

  

15º. Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicions e regulamentacións impostas pola organización, nas que o participante é o único responsabel da súa propia conducción, asumindo os riscos e situacions, incluso frente a terceiros, que poidan conlevar o feito de participar nunha proba destas características, polo que libera expresamente á organización ou a cualquera outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que poidera surxir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado. Todos os participantes inscritos na marcha están amparados por un seguro de responsabilidade civil e asistencia sanitaria, polo que é necesario que no momento da inscrición figure con claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante.

 

16.- Dacordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal,  informamoslle que os datos persoais que nos facilite quedarán incorporados e serán tratados nun ficheiro titularidade da organización coa finalidade de recibir información das actividades. Si o desexa, pode exercitar os séus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, previstos na Lei, dirixindo un correo electrónico a BTTroita@gmail.com.

bottom of page